“Colgados” de Gustavo Pernas, chega a Betanzos.
Publicado por betanceiro en mayo 5, 2010
Chega a Betanzos “Colgados” (Aula de cultura, Sábado 8 de Maio ás 20:00h) a incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro, obra escrita e interpretada polo recoñecido autor e actor de teatro, Gustavo Pernas Cora (Gañador do premio Max de teatro, entre outros) e producida por Ancora produccións.

En épocas de crise hai moito colgado,Homesoga é un colgado profesional, e vai facer unha demo nun teatro.
A obra está enmarcada dentro do programa da Rede Galega do AGADIC, circuíto de teatro da Deputación da Coruña, así como dentro da categoría dos “Logomonos” do propio autor, que tal e como él define: “Son monólogos ó reves, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monoes, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, ácedos, divertidos… hilarantes como a risa dos monos.”
O acto terá lugar este sábado 8 de Maio de 2010, as 20.oo Horas, na Aula de Cultura do Liceo.

